11/06/18

Exposición sobre as paisaxes de Ames

Desde o luns, 11 de xuño, podedes visitar na entrada principal do centro a exposición Landscapes of Ames II, realizada polos alumnos e alumnas de 1º de ESO C, D, E da materia de Paisaxe e sustentabilidade / Landscape and sustainability.

Na exposición poderedes ver o herbario cooperativo recompilado polos alumnos e alumnas ao longo das distintas estacións do curso, así como unha escolma de refráns relacionados coas diferentes estacións recollidos a través da tradición oral familiar e comunitaria.

Tamén está á vosa disposición unha escolma de diferentes time-lapses realizados ao longo das catro estacións polo alumnado de 2º de ESO da materia de Xeografía e Historia / Geography and History.

A través da exposición tamén poderedes coñecer os elementos máis salientables para os alumnos e alumnas das diferentes paisaxes de Ames estudiadas e descubrilas vós mesmos facendo os roteiros propostos polo alumnado. Encantaránvos e descubriredes verdadeiros tesouros espallados polo noso municipio e arredores. Animádevos!

Con esta exposición rematamos o noso proxecto de investigación e ciclo de actividades sobre as paisaxes de Ames deste curso en cuxa organización participaron os departamentos de Bioloxía, Educación Física, Matemáticas e Xeografía e Historia.

Se queredes consultar os resultados completos da investigación do alumnado, non tedes máis que visitar o noso museo virtual Kaleidoscape. Esperamos que vos gustet!




Ningún comentario:

Publicar un comentario