18/05/18

Conferencia de Xurxo Mariño. Pensamento e Linguaxe

O Martes, 15 de maio visitounos Xurxo Mariño para falar de Pensamento e Linguaxe. A conferencia levounos desde as orixes da conciencia e a mente simbólica ate a linguaxe. Para facer o percorrido votou man dos últimos avances na neurociencia, dos datos que achega a Antropoloxía , a Psicoloxía e a Filosofía, conseguindo trasladar a idea da unidade da investigación científica. Xurdiron cuestións relacionadas coa orixe da linguaxe e da nosa propia especie, pero tamén sobre a nosa natureza violenta ou a necesidade da comunicación e o pensamento.
Xurxo Mariño é biólogo, neurocientífico , profesor do Departamento de Medicina da  Universidade de A Coruña. Os seus libros de divulgación mais coñecidos son Neurociencia para Julia e Os Dados do Reloxeito ou Pó de Estrelas. Tamén mantén un blog moi interesante no que recolle a súa viaxe ao redor do mundo: http://vagamundeando.com/ . Mais información na súa  páxina web  http://www.culturacientifica.org/ .
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario