07/03/18

Lembrando a Las Sinsombrero

Dentro das actividades desenvolvidas arredor do Día Internacional da Muller, alumnas de 4º de ESO deron unha charla na biblioteca sobre o grupo de mulleres coñecido como Las Sinsombrero: Artistas e intelectuais contemporáneas ao grupo coñecido como A xeración do 27, do que quedaron excluídas por seren mulleres.

A seguir proxectouse o documental Las Sinsombrero, de Tània Balló, Manuel Jiménez Núñez e Serrana Torres.

Esta actividade foi organizada polo departamento de Lengua y literatura española.



Ningún comentario:

Publicar un comentario