07/03/18

Exposición Mulleres na Sombra

No marco das actividades desenvolvidas polo centro en relación ao Día Internacional da Muller, inaugurouse a exposición Women in the Shadows / Mulleres na Sombra. Esta exposición foi realizada por alumnas e alumnos de 2º de ESO da materia Geography and History.

Os alumnos e alumnas recrearon fotografías de mulleres importantes na historia que quedaron na sombra por mor de homes concretos que levaron a sona ou da sociedade en xeral que as reduciu a un lugar marxinal.

Algunhas destas mulleres son hoxes plenamente recoñecidas, outras están comezando a seren rescatadas das sombras e moitas outras están aínda por descubrir.

Toda a comunidade educativa está convidada a visitar a exposición e a contribuír con recreacións de máis personaxes femininas. Esperamos que vos guste!

Tamén podedes visitar a exposición virtual no museo virtual Kaleidoscape.






Ningún comentario:

Publicar un comentario