“A outra cara da mentira”, é a charla que dentro do ciclo "A voltas coa mentira" terá lugar mañá xoves 7 de maio ás 18:30 na Biblioteca Carlos Nieto. Eva Garea, profesora de Filosofía do noso centro, nos desvelará a cara oculta da mentira. Antes da charla propiamente dita, terá lugar o recoñecemento aos alumnos cuxos traballos foron seleccionados o curso pasado para facer un cómic. Inaugurarase tamén unha exposición sobre os traballos de investigación dos alumnos que traballan con Eva Garea. Ao rematar a charla, haberá uns pinchos. Tódolos asistentes están invitados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario