05/05/15

REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE AMES

Unha das novidades do curso 2014-2015 foi a creación da Rede de Bibliotecas Escolares de Ames, co obxectivo de coordinanos e chegar a propostas comúns. Na reunión do pasado 20 de abril, celebrada no noso centro, fixáronse os libros da "Guía de Lecturas Verán-2015", díptico que se repartirá entre as comunidades escolares de Ames a finais de curso. Os centros que forman parte desta rede de bibliotecas son: 
EEI Covas, EEI Milladoiro, IES Ames, IES Milladoiro, CEIP Barouta, CEIP Ventín, CEIP Agro do Muíño e CEIP A Maía. 
E aquí vos deixamos unha foto da reunión celebrada na nosa biblioteca:


Ningún comentario:

Publicar un comentario