07/05/15

CHARLA DE MANUEL GUEDE


O pasado 5 de maio visitounos Manuel Guede, autor de teatro e actual director do Centro Dramático Galego. Na súa charla divulgativa para 4º ESO, o alumnado recibiu unha información moi interesante sobre a vida do C.D.G, a difícil carreira dun actor, a coprodución co Teatro Nacional de Cataluña, as estratexias cara o futuro da cultura galega das relacións e colaboracións con Portugal e a importancia da creación da "Escola superior de Arte Dramática" en Vigo. Aquí vos deixamos algunhas fotos do seu paso polo centro:









Ningún comentario:

Publicar un comentario