16/10/25

Composicións florais de outono

Despois da primeira grilanda realizada en setembro, o alumnado de 2º de FP Básica de Agroxardinería e composicións florais seguiu practicando con diversos elementos naturais do patio secados, como follas das diferentes árbores (pradairo, arce tridentino, carballo americano, liquidambar), fentos, e flores plantadas o curso pasado (virasol, hortensia).

Tamén experimentaron coa base da grilanda, se ao primeiro usaron bastidores mercados, despois xa se animaron a facer os seus propios bastidores con vimbios da arquitectura viva, contribuíndo á economía circular e a sostibilidade ambiental. Moitos parabéns!


Ningún comentario:

Publicar un comentario