Durante este curso vanse desenvolver no no centro un Programa de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) e un Seminario intercentros. Trátanse de programas de formación promovidos pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)
Dentro do PFPP levaranse a cabo tres itinerarios: Polos creativos, Florería e Biblioteca. O seminario intercentros ten como temática o Dereito ao hábitat rural.
O 11 de decembro tivo lugar a primeira formación do Itinerario de Polos creativos do PFPP do centro, no que participan 19 profesores e profesoras. Esta formación foi impartida por Ramón Moares e tivo como obxectivo familiarizar ao profesorado co manexo do plóter para a impresión de vinilos de diferentes tipos.
O día 4 de decembro comezou a andar o Itinerario de Biblioteca para a elaboración do Plan de Lectura Escritura e Acceso á Información (PLEA) do centro. A sesión estivo a cargo de Diego Rúa, asesor PLEA do noso centro e nela participaron 14 profesoras. A sesión dividiuse en dúas partes, a primeira de introdución ao PLEA e a segunda de análise do contexto do IESP de Ames como base para o desenvolvemento do PLEA.
Durante a xornada, alternáronse explicacións sobre o Dereito ao hábitat rural, da man de Ana, Alberto, Lucía e Rebeca, e actividades de dinamización e posta en común de coñecementos e experiencias por parte do profesorado participante.
A segunda sesión tivo lugar o 29 de novembro e dividiuse nunha primeira parte de formación en aspectos teóricos xunto con realización de dinámicas de grupo, e unha segunda parte na que cada centro educativo realizou unha presentación dos proxectos que estaban levando a cabo co seu alumnado.











Ningún comentario:
Publicar un comentario