O día 10 de outubro, o alumnado de FP Básica de Agroxardinería e composicións florais, e de 2º de Bacharelato de Xeografía, e de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia, realizou un roteiro desde Riamonte ata o Monte San Marcos para coñecer as características ambientais da zona, experimentar en primeira persoa as diferenzas entre as diferentes zonas e especies e reflexionar sobre o impacto ambiental do ser humano sobre o medio e como mitigalo.
Este roteiro foi organizado e financiado polo Departamento de Medio Ambiente do Concello de Ames.
O alumnado puido coñecer e sentir a diferenza entre o bosque húmido, o eucaliptal e o monte baixo da zona máis alta do Monte San Marcos.





Ningún comentario:
Publicar un comentario