O 21 de novembro e o 9 de decembro as alumnas de 2º de bacharelato da materia de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia realizaron unha análise sobre a sostibilidade do noso centro de ensino. Esta ecoauditoría foi coordinada pola ONG Adega.
O día 21 de novembro, as alumnas percorreron o instituto observando tanto as infraestruturas existentes para posibilitar a sostibilidade do centro, nomeadamente os aspectos relacionados coa separación do lixo e a reciclaxe, como o comportamento da comunidade educativa.
Cos datos obtidos, o día 9 de decembro, elaboraron un informe e fixeron unha serie de recomendacións á Dirección do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario