17/04/25

Ciencia e maxia

Os Clubs de ciencia do IESP de Ames e do IES Eduardo Pondal participaron conxuntamente na actividade Ciencia ou Maxia, do divulgador científico David Ballesteros, que se desenvolveu no IES Eduardo Pondal.

David amosou como o coñecemento científico axuda a comprender fenómenos que ata seren explicados parecen máxicos: Pode un peixe adiviñar os nosos estados de humor? Por que se move un sobre de ketchup nunha botella? Como funciona un instrumento de vento? Como se pode producir son cunha barra de alumnio? Como podemos dar no albo usando un tiracroios de aire?

Todas estas preguntas e moitas máis foron respondidas durante unha actividade entretida e informativa. O alumnado pasouno en grande e non dubidou en subir ao palco a participar da maxia e da ciencia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario