23/04/25

Día Internacional do Libro

A comunidade de lectores está hoxe de celebración, pois o 23 de abril é o Día Internacional do Libro. Trátase dunha data designada pola UNESCO en 1995 para fomentar a lectura, a edición e as publicacións impresas, así como os dereitos de autoría.

Na biblioteca tedes a partir de hoxe un pequeno agasalliño para celebrar este día. As persoas que a visitedes e collades un libro recibiredes un marcapáxinas cun motivo decorativo que vos resultará moi familiar e un precioso haiku creado polo profesor e poeta Carlos Negro para a nosa biblioteca.

Esperamos que vos guste!

Ningún comentario:

Publicar un comentario