O día 23 o IESP de Ames participou na Foliada Agora cantamos nós, organizada pola Asociación Ponte...nas ondas!
Esta foliada reuniu a quince centros educativos de infantil, primaria, secundaria e ciclos de Galicia e Portugal, tivo lugar no Parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela e nela sucedéronse actuacións dos centros educativos, de persoas portadoras, como Teresa dos Cucos, e de grupos de música, como De Vacas.
Todas as persoas asistentes desfrutaron e celebraron o patrimonio cultural galego e estreitaron lazos de unión e convivencia nun ambiente festivo e emotivo. Agradecemos á Asociación Ponte...nas ondas! a organización desta preciosa foliada e o coidado e atención que teñen sempre para o traballo que se desenvolve desde os centros educativos en relación ao patrimonio e a comunidade educativa que está detrás dese traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario