Os alumnos e alumnas de 4º ESO da materia de Xeografía e Historia investigaron sobre o costume de tomar o té en época victoriana e sobre os cambios sociais do chamado high tea, que comezou como unha cea nas familias obreiras e acabou sendo apropiado polas clases altas e a nobreza reconvertido en signo de distinción e luxo.
O alumnado investigou sobre vestimenta, accesorios, peiteado, comida, bebida, decoración da mesa, música e danza, e , o 17 de marzo, recreou un high tea na biblioteca con produtos elaborados por eles mesmos e música ao vivo.
Esta actividade foi realizada dentro dos proxectos Educación patrimonial, Ponte...nas ondas! e PFPP do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario