O 17 de marzo celébrase o Día do cómic, unha efemérede a nivel estatal creada en 2022 polo Consello de Ministros. O obxectivo da creación desta conmemoriación é impulsar o sector da banda deseñada ou cómic e recoñecer o papel dos seus profesionais na vida social e cultural do país.
Esta data foi escollida por ter sido o día de inicio da publicación en España da revista de historietas TBO, tan importante no seu momento que deu nome en español a todo o xénero.
A banda deseñada é un dos xéneros que mais vos gusta e é un excelente medio para achegarse á lectura e á cultura. Por ese motivo, durante este curso, o Proxecto competencial está adicado á lectura de banda deseñada.
Entre os moitos títulos que foron lidos ao longo do curso, foi escollida a obra Xirarei, de Pablo Carreiro, publicada por Cuarto de inverno, para que o alumnado de 4º de ESO a comentara co autor. Pablo visitou o noso centro, conversou co alumnado sobre o cómic en xeral e a obra Xirarei en particular, e foi entrevistado polo alumnado na nosa radio escolar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario