19/01/25

Ríos, ciencia e sociedade. Na procura da convivencia!

O día 16 de xaneiro, o alumnado do Club de Ciencia participou no obradoiro Ríos, ciencia e sociedade. Na procura da convivencia!, sobre o estudo medioambiental dos ríos. Este obradoiro foi impartido por Horacio García, xeógrafo da Universidade de Santiago de Compostela, e Omar Arellano, biólogo da Universidade Nacional Autónoma de México.

Durante a primeira parte do obradoiro, o alumnado fixo un debuxo sobre o seu río ideal e escoitou e participou nas explicacións de Horacio e Omar sobre o estudio medio ambiental dos ríos de Galicia e México.

Na segunda parte do obradoiro, Horacio e Omar amosaron diferentes instrumentos utilizados no estudo dos ríos, como os chips instalados nos croios, e tamén explicaron ao alumnado o funcionamento de dous drons e da estación total.

Os alumnos e alumnas montaron a estación total e tomaron coordenadas con ela, e manexaron un dos drons presentados polos investigadores.


Para rematar a xornada, o grupo posou para que o dron tirara unha fotografía para o recordo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario