04/12/24

Obradoiro de fotogrametría e realidade virtual en Arqueoloxía

O alumnado de 4º ESO da materia de Xeografía e Historia participou nun obradoiro de fotogrametría e realidade virtual en Arqueoloxía organizado polos arqueólogos Leticia Tobalina (da Universidade de Cantabria) e Alberto Polo (da Universidade Rey Juan Carlos I).

No obradoiro de fotogrametría os alumnos e alumnas realizaron fotografías de diferentes obxectos para definir coa maior precisión a súa forma e dimensións e poder facer unha impresión tridimensional.







A continuación , o alumnado puido visitar un mosteiro medieval coa axuda dunhas gafas de realidade virtual.



Finalmente, o alumnado utilizaou a información conseguida a través do fotografiado dos obxectos para deseñar o modelo tridimensional e imprimilo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario