O 26 de setembro celébrase o Día Europeo das Linguas (DEL). Esta data foi creada Consello de Europa en 2001, como unha iniciativa para poñer en valor o multilingüismo do Consello de Europa, que representa a 800 millóns de cidadáns de 47 países.
Na súa celebración participan numerosas institucións e asociacións con intereses culturais e lingüísticos, así como universidades e centros escolares.
A celebración do Día europeo das linguas ten os seguintes obxectivos: (1) Preservar e potenciar a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa. (2) Promover a aprendizaxe permanente de linguas tanto no ámbito escolar como fóra del para capacitar profesionalmente coma tamén para a súa aprendizaxe para o lecer. (3) Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de linguas que se aprenden co obxecto de incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural. (4) Coa ocasión deste día, organízanse unha gran variedade de evento.
No noso instituto cada vez hai máis diversidade na procedencia de alumnado e profesorado, e son faladas cada vez máis linguas, tanto europeas como doutros continentes.
No no noso centro existen as materias de lingua galega, castelán, francés, inglés, italiano e portugués; mais o noso alumnado fala moitas máis linguas: catalán, euskaro, armenio, árabe, ucraíno, ruso, entre outras.
No espazo Maruxa Mallo podedes ver unha mostra bibliográfica en diferentes idiomas. Tamén vos invitamos a que escribades "Feliz día das linguas!" (ou outra mensaxe que queirades deixar) nos vosos idiomas ou en idiomas que coñezades. Para iso podedes usar as tarxetiñas que atoparedes na mesa á entrada da biblioteca e os soportes para a colocación das tarxetiñas escritas.
Feliz día das linguas!




Ningún comentario:
Publicar un comentario