Os alumnos e alumnas de 1º ESO de Matemáticas e Xeografía e Historia, 3º ESO do ámbito tecnolóxico-científico e FP Básica 2 de Informática e ámbito tecnolóxico-científico participaron nunha campaña de recollida de lixo no eido do instituto entre o 16 e o 18 de abril.
No instituto seguimos promovendo a xestión sostible do lixo e continuamos participando no programa de Basuraleza/Naturelixo de Aulas Libera e SEO/Birdlife. Para poder mellorar a xestión do lixo no noso centro tamén se elaborou un protocolo de xestión do lixo que esperamos que poida poñerse en práctica o vindeiro curso.
Este curso participamos no programa eLitter que consiste en recoller, clasificar e pesar o lixo nunha franxa de terreo de 100m x 6m e subir os resultados á plataforma eLitter. Deste xeito, ademais de contribuír á limpeza do eido, participamos tamén no programa de ciencia cidadá para poder coñecer mellor os hábitos sociais relacionados coa xestión do lixo e identificar solucións para a produción de residuos sólidos urbanos e as súas consecuencias.
O grupo participou recollendo e documentando o lixo en tres franxas. Os alumnos e alumnas de 1º ESO recolleu lixo nunha franxa creada no xardín Norte (desde a fraga NW ata o límite Leste do eido). O alumnado de 3º ESO ocupouse dunha franxa marcada no Leste do eido (desde os camelios ata a arquitectura viva). Os rapaces e rapazas de FP Básica encargáronse da franxa na zona central do eido (desde o xardín de rododendros ata o límite Sur do eido).
Estas imaxes corresponden ao momento de clasificación do lixo do xardín Norte:
E nestas fotos podedes ver o limpo e agradable que quedaron as diferentes zonas despois de rematar a campaña de limpeza:
Ningún comentario:
Publicar un comentario