O 26 de abril celébrase o Día da Educación Física na Rúa, unha data na que se amosa a importancia da Educación Física para o desenvolvemento integral e integrado en todas as idades, conciénciase dos problemas do sedentarismo e difúndese a actividade física saudable.
Esta xornada foi celebrada por primeira vez en 2011 por COLEF Asturias e na actualidade desenvólvese en trece comunidades autónomas, entre elas Galicia.
Con motivo desta celebración leváronse a cabo diferentes actividades no centro o abeiro do Proxecto Terra e do Proxecto deportivo de centro, ambos pertencentes ao Plan Proxecta.
Os alumnos e alumnas de 1º de ESO A, B e C das materias de Educación Física, Matemáticas, e Xeografía e Historia, participaron nunha xincana polo eido do centro guiados polos alumnos e alumnas de 3º ESO G. Os participantes tiveron que orientarse polo eido, atopar diferentes fitos e realizar probas relacionadas coas materias mencionadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario