10/01/23

Coidando do territorio

Comezamos o 2023 e a nova etapa do curso con interesantes actividades! O día 11 de xaneiro os alumnos e alumnas de 1º ESO A, 3º ESO A e 3º ESO B da materia de Xeografía e Historia participaron na charla-obradoiro Eu son inspector@ urbanístic@ sobre protección ambiental e ordenación territorial.

Esta charla-obradoiro foi desenvolvida por Mónica e Olalla, dúas inspectoras da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), o organismo que coida de que o territorio sexa utilizado polo ser humano dun xeito sostible ecosocialmente.

A actividade consistiu nunha charla e nun obradoiro no que os alumnos e alumnas tiñan que decidir como organizar o territorio e onde situar diferentes elementos do urbanismo como as vivendas, as granxas, os parques eólicos ou as fábricas entre outros.

Nas imaxes podedes ver como os alumnos e alumnas actuaron como inspectoras e inspectoras urbanísticos. Bo traballo!







Ningún comentario:

Publicar un comentario