03/11/22

Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Xa todos e todas coñecemos o Mes da Ciencia en Galego, que se celebra tódolos anos en novembro, mais tamén temos outra celebración relacionada con ela que é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.

Esta celebración está impulada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este ano publícase o manifesto de José Tubío, profesor, investigador e divulgador na USC. Desde 2016 dirixe o grupo de investigación Xenomas e enfermidade do CiMUS. Este ano recibíu o Premio Internacional de Investigación Oncológica Científica y Técnica Ramiro Carregal na modalidade de talentos emerxentes pola "súa contribución en varios dos descubrimentos máis importantes no campo da xenómica do cancro". 

Podedes ler o manifesto O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica premendo aquí.

 


A Asesoría de bibliotecas escolares realizou unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia en galego que podes consultar nesta ligazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario