02/10/22

Día da ciencia en Galicia

O 6 de outubro celébrase o Día da Ciencia en Galicia cun acto en Santiago de Compostela adicado á figura de Juan Rof Codina, impulsor da veterinaria en Galicia e España. Podedes ver máis información aquí e aquí.


Nese acto a Real Academia Galega da Ciencia (RAGC) recoñecerá a traxectoria de cinco científicas e científicos galegos outorgándolles as Medallas de Investigación 2022.

Os investigadores e investigadoras premiadas este ano son Jesús López Romalde, Ramón Máiz, Mª Ángeles Sanromán, Jorge Mira e Isabel Pastoriza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario