13/12/21

Unha imaxe vale máis con 250 palabras 2021-2022

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO ( Sostibilidade) 4º de ESO, (Xeografía e Historia), e 2º de bacharelato (Xeografía), fixeron unha investigación sobre a memoria democrática a través da investigación sobre a historia agochada detrás de fotografías familiares.

Esta investigación realizouse ao abeiro do PFPP de Memoria democrática e do proxecto de Educación patrimonial, do Plan Proxecta. 

Os alumnos e alumnas seleccionaron unha fotografía de familia e recolleron nun máximo de 250 palabras o contexto histórico do momento recollido na fotografía.

As temáticas máis frecuentes foron: Guerra Civil, Ditadura, Emigración. Actividade "Unha imaxe vale máis con 250 palabras".

Aquí tedes unha das fotografías. Se queredes coñecer a súa historia e a do resto das fotografías, premede aquí.




Ningún comentario:

Publicar un comentario