Os alumnos e alumnas de 4º de ESO da materia de Xeografía e Historia están a traballar na Revolución Industrial e o seu impacto tanto na sociedade como no medio ambiente ao abeiro do PFPP (Proxecto de Formación Permanente do Profesorado) A cultura da sostibilidade IV. Para iso están a analizar diferentes obras realacionadas con este momento histórico tanto en Europa como en Galicia.
Os alumnos e alumnas están a traballar con literatura, analizando fragmentos da obra de Charles Dickens, Elizabeth Gaskell ou Víctor Hugo nun contexto global, ou Emilia Pardo Bazán no contexto de España e de Galicia. Os alumnos e alumnas tamén se están a aproximar á obra da autora por medio do conto ilustrado A nena lectora, de Manuel Rivas e Susana Suniaga, publicado recentemente. Preme aquí se queres ler unha reseña da obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario