14/12/21

I Carreira solidaria de San Silvestre

O Departamento de Educación Física do IESP de Ames organiza a I Carreira Solidaria San Silvestre, coa que convida a toda a comunidade educativa a que despida o ano facendo deporte solidario. 

Esta actividade realízase ao abeiro do Proxecto de vida activa e deportiva, do Plan Proxecta, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e en colaboración co Concello de Ames.

A carreira terá lugar o martes, 21 de decembro de 2021. O percorrido desenvolverase arredor do instituto polo exterior, e contarase coa axuda de Protección Civil e Policía Local acotando o percorrido.

Non esquezades inscrivirvos antes do xoves, 16 de decembro e traer o voso gorro para a carreira! 

Ese día tamén se levará a cabo a doazón de alimentos non perecedoiros por parte das persoas participantes. Animádevos a participar nesta actividade que une deporte e solidariedade!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario