Os alumnos e alumnas de 4º de ESO A e B da materia de Xeografía e Historia buscaron na súa casa un obxecto que lles resultara interesante e investigaron sobre o seu valor patrimonial no contexto histórico global e o seu valor patrimonial para a familia e para eles e elas.
Podedes facer vós o mesmo na casa e veredes que calquera obxecto por moi cotiá e contemporáneo que sexa agocha unha interesante historia!
Deixámosvos algunhas fotos dos rapaces e rapazas con diferentes obxectos e invitámosvos a que vexades toda a exposición no museo virtual KaleidoScapes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario