09/11/20

Clásicos da literatura no cine

Acaban de estrearse no cinema dúas películas que adaptan unha vez máis dous clásicos da literatura como son Emma, de Jane Austin, e Mulleriñas, de Louisa May Alcott. As novas adaptacións destas dúas obras coinciden en darlle máis protagonismo á vida das mulleres e ao seu papel social e menos ao tema do amor e a busca dun marido. 

Este novo enfoque non só é máis acaído para os tempos actuais senón que tamén recupera a profundidade orixinal destas novelas que quedou oculta nunha interpretación superficial destas. Podedes atopar máis información neste artigo.

A seguir podedes ver os tráilers das dúas películas: Emma, dirixida por Autumn de Wilde e Mulleriñas, da directora Greta Gerwig.




Ningún comentario:

Publicar un comentario