Os alumnos Juan Cañizo e Nayra Prado, de 3º de ESO, clasificáronse para participar na fase autonómica da VII Olimpíada Galega de Filosofía pola modalidade Dilemas morais. Moitos parabéns superfilósofos!
A final autonómica celebrarase na facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela o xoves, 20 de febreiro.
Desde a Biblioteca do centro dámoslles os parabéns a todos os alumnos e alumnas participantes e a Juan e Nayra desexámoslles todo o mellor para a final. Para nós xa sodes uns campións por terdes chegado ata aí!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario