O 30 de xaneiro foi elixido por UNICEF para celebrar o Día escolar da non violencia e da paz pois coincide coa celebración da morte do Mahatma Gandhi (India, 1869-1948). Gandhi foi un líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza, e foi asasinado por defender estas ideas.
A biblioteca e varios departamentos do centro organizamos diferentes actividades para conmemorar este día:
Os alumnos e alumnas de Educación Plástica e Visual fixeron un impactante cartel para conmemorar este día. O cartel está exposto na biblioteca do centro:
Na entrada do instituto podedes visitar a exposición de libros e películas en relación coa paz e poñervos ao día das últimas novidades que tratan esta temática.
O venres, día 31 de xaneiro a 5º e 6º hora proxectarase na biblioteca a película El fotógrafo de Mauthausen, dirixida por Mar Targarona.
O Club de Lectura de cancións fixo unha escolma de cancións que tratan o tema da paz, e Paula Viñas Lamas escribiu ademais un poema en relación a este día:
Penso que a paz
está en todas partes
Na túa casa
e ata en Marte.
Só hai que buscar
unha igualdade
e un equilibrio sen prioridades.
No diccionario hai varias acepcións
e todas levan
a unha solución
Hai moitas cousas
que traen pa
A mín gústame o momento
onde en nada teño que pensar.
E, xa,
o 30 de xaneiro
celebramos ese día.
Pero isto hai que faacelo
en Marzo, Decembro
e todos os días
E espero que chegue un día
onde estas palabras non fagan falta
e que os pequenos pregunten
o significado desta palabra.
Paula Viñas Lamas, 3 ESO B
Ningún comentario:
Publicar un comentario