20/12/19

Boas vacacións e lecturas de inverno!

Case sen nos decatar chegou a fin do trimestre e a fin dun novo ano. Estes meses estiveron cheos de novas aprendizaxes e despois dos exames é tempo de descanso e de lecer.

Na biblioteca podedes atopar moreas de libros e películas ideais para gozar demoradamente neste tempo de inverno, e por se quedades sen ideas, aquí vos ofrecemos algunhas recomendacións para toda a familia.

Desde a Biblioteca, desexámosvos unhas felices vacacións e todo o mellor para 2020!





Ningún comentario:

Publicar un comentario