Os gañadores da sétima edición de Lingua de namorar (un certame en liña de mensaxes de amor en lingua galega convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia) na categoría A (mocidade entre 14 e 19 anos) son os seguintes:
Primeiro premio: Máis que choiva, de Nee Barros Fernández (Marín, Pontevedra)
Comezaches
sendo froallo suave, babuña e patiñeira; pero pouco a pouco fuches
pasando a chuvascada, arroiada e xistra, rematando nunha auténtica
treboada, enxurrada e dioivo. Empapáchesme de pés a cabeza e eu, entre
tanto sinónimo, só sei pedirche que non escampes nunca.
Segundo premio: Conto contigo, de Irea Cendán Cadahía (As Pontes, A Coruña)
Se
teño frío, conto coa túa calor; se a tristeza me aborda, conto co teu
sorriso; se non me atopo na escuridade, conto coa túa luz. Non teño medo
porque sei que se me sinto soa, conto contigo.
Tan doce que os mosquitos van a ti,
Tan bonita que es fotografada por excursións de xaponeses,
E a túa lingua é o mellor motivo para aprender idiomas
Tan bonita que es fotografada por excursións de xaponeses,
E a túa lingua é o mellor motivo para aprender idiomas
Ningún comentario:
Publicar un comentario