O día 8 de marzo celébrase o día Internacional da Muller. Un día recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e o papel das mulleres no mundo.
Os rapaces e rapazas participantes no Club de Lectura de Cancións (CLC) fix de 2 de ESO fixeron unha escolma de cancións que tratan a temática da Igualdade, ilustráronas e mesmo escribiron poemas inspirados por esa temática.
A seguir recollemos o poema Igualdade, escrito por Paula Viñas Lamas, de 2 de ESO E:
1 é igual ca 1
-1 é igual ca -1
Ti es igual ca min
Eu son igual ca ti
Ela é igual ca el
A nena é igual có neno
A nena é igual cá muller
O neno é igual có home
Todos somos iguais
Non hai superiores
Non hai inferiores
E debemos respectar
O xénero
a cor da pel
a relixión
as preferencias e as procedencias
Debemos estar unidos
e non separarnos
por estupideces
por estupideces
que non teñen lóxica
Unha morte
por algo disto
é un punto menos
no contador da evolución
Ningún comentario:
Publicar un comentario