Este centro está participando nun proxecto común co IESP de Ames na plataforma
europea "Etwinning" sobre a memoria histórica titulado
"En paradoiro descoñecido".
No Salón de Actos tivo lugar unha actividade de
benvida por parte do profesorado do IESP de Ames promotor do proxecto, así como
a lectura de textos e poemas sobre a guerra civil, a represión e o
exilio por parte das alumnas Maite Pellegrino, Lorena Rey, o alumno Antón
Rivas, e profesor de francés Xabier Ron.
Alumnas do IES "Pedras Rubias" tamén
realizaron unha intervención ca lectura de textos e realizaron com
agasallo un carballo, lembrando que están participando no repoboamento da zona
tras os incendios de outubro do 2017.
Posteriormente os alumnos e alumnas visitaron a nosa Biblioteca donde a Coordinadora
do proxecto no IES "Pedras Rubias" asinou no libro de visitas e
recibiu de máns do coordinador Biblioteca Xesús Manuel Xiráldez exemplares
dos libros "Aplicación instantánea" e "Tundra" do
escritor e profesor do IESP de Ames, Carlos Negro.
Finalmente,o alumnado e o
profesorado participante compartiron un momento de confraternización na
cafetaría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario