16/11/18

Os alumnos e alumnas de 4 de ESO cóntannos os segredos dos elementos químicos

Co gallo do Día da Ciencia en Galego, os alumnos e alumnas de 4 ESO A, B, C traballaron no proxecto "Adopta un elemento químico".

Dentro deste proxectos os rapaces e rapazas buscaron información sobre os elementos químicos e  elaboraron un mural da táboa periódica.

A táboa periódica está exposta no corredor dos laboratorios e aquí podes ver un vídeo que amosa o proceso de montaxe da táboa periódica no corredor.


Ningún comentario:

Publicar un comentario