23/10/17

Día da ciencia galega adicado a Domingo Fontán

O día da ciencia galega deste ano homenaxea a Domingo Fontán, filósofo, político, matemático e xeógrafo, coñecido sobre todo por ter elaborado a Carta xeométrica de Galicia, publicada no 1830. Este foi o primeiro mapa feito con método científico na Península Ibérica, seguindo os métodos máis avanzados de Europa, e poñendo a Galicia na vangarda da cartografía.

Para coñecer máis de preto e dun xeito ameno este personaxe tan importante na historia da ciencia galega podedes consultar o libro Fontán, de Marcos Calveiro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario