Desde o 5 de outubro e ata o 3 de marzo de 2019, podemos ver a obra A derradeira leición do mestre, de Castelao, na Cidade da Cultura.
Esta obra, baseada na estampa número 6 do libro do propio Castelao, titulado Galicia mártir, é unha das obras máis icónicas e recoñecidas do autor. Nela represéntanse dous nenos chorando ante o cadáver do seu mestre asasinado polos fascistas. Considérase que esta obra é unha homenaxe a Alexandre Bóveda, político asasinado polos franquistas.
A obra, coñecida como o Gernika galego, foi cedida temporalmente polo Centro Gallego de Bos Aires.
Ningún comentario:
Publicar un comentario