Hoxe faleceu o escritor Xabier Docampo, moi coñecido polos nosos alumnos e alumnas a través de obras súas como Cando petan á porta pola noite.
Xabier Docampo foi mestre, escritor, contacontos, actor de teatro, guionista e unha persoa moi comprometida na defensa da lingua e da cultura galega e tamén na renovación pedagóxica e da literatura infantil e xuvenil galega.
Quedámonos cun consello seu dado nunha entrevista: “Non fagas mal a ninguén, que dicía meu pai”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario