09/05/18

O IES de Ames gaña a final do club de debate

CANDO VENCER É CONVENCER... E VICEVERSA

 
Non vos enganedes: debater non é fácil. Non abonda con esgrimir os mellores argumentos preparados con antelación; haino que facer, ademais, diante dun micro, un xurado, outro equipo ao que te enfrontas, un reloxo dixital tamaño XXL (omnipresente na sala, marca un tempo estraño, abafante, sempre insuficiente), un público... e diante de un mesmo, que é o xuíz máis esixente que se pode ter. Roldas de refutacións, réplicas, conclusións... E volta a empezar. Non, ho, non é nada fácil.
Pero faise. Faise con paixón, a pesar do medo; con constancia, malia a escaseza de tempo; e coa certeza de que, sexa cal sexa o resultado, vale a pena. Non me credes? Preguntádelles a elas e a eles: “Abrapalabra”, “Falar sen cancelas” e “Apalabrando”, nomes ligados xa á nosa pequena historia, esa que facemos de cote no Ies de Ames. Para vós, equipos, desde a biblioteca, o noso agradecemento e admiración.

Apalabrando”. Preparadora: Iria Piñeiro Sendón.
Uxía Seijas Vidal
Natalia Vázquez Leis
Iria Pérez Álvarez
José María Paniagua González
Gloria Cernadas

Abrapalabra”. Preparador: Sergio Folgueira Arias.
César Asensi Portela
Paula Pérez Cantelar
Marta Rey Leis
Elena Martínez Antelo
Eva Santamaría Criado
Carmen Valiño Rivera
Sara Pérez García

Falar sen cancelas”. Preparador: Carlos Negro Romero.
Martina Liu Pazos Barreiro
Blanca Fernández Pérez
Inés Vieiro Fernández
Andrea Riveiro Dios
Nerea García Riveiro
Roi Fernández Candocia







Ningún comentario:

Publicar un comentario