28/05/18

II Roteiro polo Ames medieval 2017-2018

O día 28 de maio, os alumnos de 2º de ESO D, E e F da materia de Xeografía e Historia realizaron un percorrido polos diferentes elementos medievais espallados polo noso municipio e arredores.

Ao igual que no I roteiro polo Ames medieval realizado o 21 de maio polos alumnos e alumnas de 2º de ESO A, B e C, o roteiro foi composto polos alumnos e alumnas como resultado da súa investigación sobre os elementos medievais localizados nas diferentes zonas onde eles viven; así, ademais de Ames, tamén visitamos algúns lugares de Brión, Calo, Negreira, e Teo.

Os alumnos e alumnas foron os encargados de guiar a visita e explicar a importancia patrimonial e social dos diferentes elementos, así como de organizar xogos e adiviñas en relación coas distintas paradas. Os resultados da investigación e a localización dos diferentes elementos medievais pódense ver no museo virtual Kaleidoscape.

Mandamos o noso agradecemento á ANPA do centro por ter financiado o autobús para a realización do noso roteiro. Grazas!










Ningún comentario:

Publicar un comentario