Como te imaxinas un banquete na Europa medieval? Que utensilios e decoración habería na mesa? Que tipos de produtos comerían? ...Lembra que aínda non se coñecían en Europa produtos como as patacas, os tomates, o azucre ou o chocolate!
Logo de realizar unha investigación sobre a comida e a mesa na Idade Media, os alumnos e alumnas de 2º de ESO de Xeografía e Historia levaron os seus coñecementos á práctica organizando unha festa medieval no centro.
Os alumnos tamén se caracterizaron de diferentes grupos sociais e culturais da Idade Media: campesiños e campesiñas, nobres, reis, bufóns, trobadores e trobadoras, suevos, vikingos e cruzados, conviviron e compartiron mesa na nosa celebración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario