28/05/18

Exposición de Cadernos de viaxe a Grecia

Anímamosvos a que pasedes pola biblioteca e gocedes do bo traballo que fixeron os rapaces que participaron na Viaxe de estudos a Grecia. Elaboraron uns cadernos da viaxe recollendo as súas impresións e os lugares máis importantes que visitaron. Estarán na biblioteca ata o luns 28 de maio. Podedes botarlles unha ollada e deixar as vosas impresións por escrito  nun caderno que deixamos alí mesmo. Tamén podedes debuxar algo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario