15/04/18

Recuncho medieval na biblioteca

Os alumnos e alumnas de 2 de ESO da materia Geography and History están realizando unha investigación sobre a Idade Media e os elementos medievais no municipio de Ames.

Esta investigación ten tres fases: unha primeira fase de traballo documental, unha segunda fase de traballo de campo e unha terceira fase de elaboración e publicación dos resultados.

Para axudar aos investigadores, a nosa biblioteca puxo á súa disposición un recuncho medieval con bibliografía sobre a época e o noso muncipio. Ánimo co traballo, medievalistas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario