19/12/17

Voluntariado na Biblioteca

O IES de Ames realizou a solicitude de adhesión á iniciativa "Voluntariado na Biblioteca Escolar" para o ensino secundario, promovida pola Consellería de Educación, coa pretensión de favorecer a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre o alumnado galego. O alumnado verá recoñecido o seu labor mediante un diploma oficial. No noso centro participan once alumnos/as de 4º da ESO e de 1º Bacharelato en xestión-dinamización da biblioteca e como monitores/as de clubs de lectura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario