05/12/17

Intervención da profesora Eva Garea nas VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares

A profesora de Filosofía do IES de Ames, Eva Garea, disertou sobre as "Olimpíadas de Filosofía" e o interese dos seus obxectivos. Unha actividade que sen deixar de ser lúdica serve para amoblar a cabeza, atreverse a pensar e sobre todo "dar que pensar". O alumnado de 3º da ESO a 2º de Bacharelato practica a reflexión persoal e trata de enfocar da mellor maneira problemáticas diversas dende diferentes propostas creativas. O tema elexido para o curso 2017-2018 é "Revolución e Utopía".
Consultar Olimpíada Filosófica de Galicia




Ningún comentario:

Publicar un comentario