03/02/15

"XENTE AO LONXE"

“Xente ao lonxe”, é unha das grandes novelas da literatura galega. O seu autor, Eduardo Blanco Amor, recrea nela os grandes cambios sociais de Galicia no transcurso do século XIX ao século XX. A presente edición é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que recontrúe definitivamente a versión orixinal que se sometera á censura na década de 1970. Corenta e dous anos depois o primerio texto rexorde restaurado. Aquí vos deixamos unha imaxe do libro, ilustrado en cuberta coas extraordinarias fotografías feitas polo propio Blanco Amor.




Ningún comentario:

Publicar un comentario