19/01/15

OBRA PARA A BIBLIOTECA, FEITA POR XENTA DA BIBLIOTECA

"Brion en fotos: unha memoria visual do seculo xx". Así se entitula a nova adquisición da biblioteca. Unha obra elaborada pola asociación O Esquío no Piñeiro, que amosa a vida cotiá dos veciños de Brión durante todo un século. As ilustracións son de Xosé Vizoso, o deseño e enmaquetación correu a cargo de Armando Patiño, o noso bibliotecario, e os textos foron seleccionados por Xesus Xiráldez, compañeiro, profesor e responsable da biblioteca do centro. Dende aquí desexámoslles moito éxito coa súa obra, un interesante arquivo fotográfico do que xa podedes desfrutar visitando a instalación máis literaria do noso centro.

FELICITACIÓNS, COMPAÑEIROS!




Ningún comentario:

Publicar un comentario