18/01/15

ESTE CURSO O NOSO IES EMPÁPASE DE MENTIRAS

"A mentira" é o tema elexido este ano polo IES de Ames para o IX Ciclo de Conferencias de Formación Complementaria que dende hai varios anos se está levando a cabo na Casa de Cultura de Bertamiráns. O pasado xoves, a inauguración do ciclo correu a cargo do noso benquerido compañeiro e profesor de Tecnoloxía, Antonio Cardesín (parabéns, Antonio). Alí puidemos desenmascarar ese mito de que Einstein era moi malo en Matemáticas (dura realidade para o alumnado que pensaba que sen esforzo e traballo chegarían a converterse en xenios). Non vos perdades este interesante ciclo do que iremos informando neste blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario