13/11/14

PRÓXIMOS OBRADOIROS DA BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL

Día 12 de novembro. Para nenos e nenas de 4 a 6 anos. Precísase inscrición previa, máximo 20. Prégase presentarse 10 minutos antes do inicio da actividade. Duración 60 min. Salón de Actos, ás 18:30 h.

Día 19 de novembro. Para nenos e nenas de 7 a 10 anos. A Óptica Val regalará un planisferio a cada asistente. Precísase inscrición previa, máximo 20. Prégase presentarse 10 minutos antes do inicio da actividade. Duración 60 min.Salón de Actos, ás 18:30 h.

Día 26 de novembro. Para nenos e nenas de 11 a 14 anos. Precísase inscrición previa, máximo 30. Prégase presentarse 10 minutos antes do inicio da actividade. Duración 60 min. Salón de Actos, ás 18:30 h.

Día 27 de novembro. Observación do ceo nocturno con telescopio, dirixida a adultos. Farase unha breve explicación da observación e despois (ás 21 h.), no exterior da biblioteca, pasarase a observar os astros co telescopio. Se as condicións meteorolóxicas non acompañan trasladarase a outro día, avisariamos ás persoas inscritas. Requírese inscrición previa, máximo de 50. Prégase presentarse 10 min. antes do inicio da actividade. Salón de Actos, ás 20:30 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario